O Estatuto do Artista é un conxunto de medidas dispersas na normativa laboral, fiscal e da Seguridade Social, que teñen como obxectivo dignificar a situación profesional de creadores, artistas e intérpretes, e outras persoas traballadoras da cultura.
O traballo artístico presenta unha serie de particularidades que dificultan o acceso aos beneficios dos que goza a maioría dos traballadores e das traballadoras doutros sectores.
É necesario recoñecer estas especificidades do traballo dos artistas.
Todas as medidas aparecen recollidas en:
Conséguense traballando no desenvolvemento de leis que promovan as asociacións de artistas de todo o territorio. Mirade o que conseguimos ao longo destes anos.
Isto conséguese con leis e medidas que contemplen o carácter atípico do traballador cultural, recoñecendo a especificidade, a intermitencia, a inseguridade e a imprevisibilidade do seu traballo, así como a irregularidade dos seus ingresos.
ConArte é a Confederación de Artistas Traballadores do Espectáculo constituída para a defensa, reivindicación e promoción dos intereses das persoas traballadoras do espectáculo, en particular de artistas escénicos, na orde laboral, cultural e social.
Esta Confederación nace cunha vocación unitaria de dúas Federacións, FAEE e OSAAEE que traballan por separado dende 1985.
O NOSO TRABALLO É CONSTANTE. SUSCRÍBETE PARA RECIBIR INFORMACIÓN
Portal financiado grazas á axuda de:
©2023 Todos os dereitos reservados. Estatuto do artista.