ESTATUTO DO

ARTISTA

O Estatuto do Artista é un conxunto de medidas dispersas na normativa laboral, fiscal e da Seguridade Social, que teñen como obxectivo dignificar a situación profesional dos creadores, artistas e intérpretes, e outros traballadores da cultura.

ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos
ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos
ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos
ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos

Non é un código ou un libro como son o código civil, o Estatuto dos traballadores ou a Constitución.

Por iso non podemos ter un só libro ou manual de normas chamado “Estatuto do artista”. A diferenza doutras normativas que se concentran nun só documento, o Estatuto do Artista é un conxunto de normativa laboral, fiscal e de seguridade social DISPERSA por normativa ou por distintas leis.

ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos
ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos

E de onde vén esta confusión?

Probablemente debido ao uso da palabra: “ESTATUTO“. Vén dunha mala tradución, xa que, en setembro de 1980, a UNESCO recomendoulles aos seus estados membros a creación dun marco legal que garantise a protección e axuda necesaria aos artistas tendo en conta o seu “ESTADO”, a súa especial condición, que se traduciu como ESTATUTO.

Neste mesmo senso, o Parlamento Europeo aprobou en xuño de 2007 unha resolución na que lles pedía aos estados membros que desenvolvesen ou implementasen un marco legal e institucional para apoiar a creación artística, mediante a adopción ou aplicación dun conxunto de medidas globais que incluísen a situación do artista dende o punto de vista contractual, da Seguridade Social, do seguro de saúde, do recoñecemento de enfermidades específicas, da curta duración da vida laboral nalgúns sectores, da xubilación, da fiscalidade directa e indirecta e do cumprimento das normas europeas, tendo en conta o carácter atípico das distintas profesións artísticas.

É dicir...

O termo estatuto fixo pensar que se trata dun documento único con natureza xurídica propia, que recolle todas as leis e disposicións aplicables aos profesionais do sector artístico, pero non é así, xa que, como dixemos , estamos ante un conxunto de medidas dispersas na normativa xeral.

Estas medidas pódense consultar aquí:

ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos
ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos
ConArte presenta el Estatuto del Artista. Artistas con derechos
Search
Search
Ir o contido