Na Área da Seguridade Social

Enfermidades profesionais

Na Proposta 59 do Informe da Subcomisión para a Elaboración do Estatuto do Artista recomendouse unha abordaxe integral dos problemas de saúde:

  1. O recoñecemento das enfermidades profesionais que leve a unha axeitadaprevención destas para minimizar os riscos para a saúde das persoas e normalizar a cultura preventiva nun sector precario e necesitado. A maioría destas doenzas, especialmente no ámbito das artes escénicas, trátanse como comúns e non relacionadas co exercicio profesional. A idea sería a incorporación destas enfermidades mediante a modificación do anexo I do RD 1299/2006, a través do procedemento previsto para el .

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2006-22169

  1. O establecemento de sistemas axeitados de vixilancia da saúde entre profesionais do entretemento . Estes sistemas demostraron que supoñen un importante aforro económico para as empresas e unha gran garantía para a saúde dos artistas.

Na actualidade non existe unha relación de enfermidades profesionais propias das distintas especialidades artísticas nin tampouco médicos especializados que as poidan tratar, circunstancia que si se produce no caso do deporte.

Search
Search
Skip to content